Estreamos nova canle en YouTube, Repinaldos Sonoros, coa idea de ir colgando aí sesións en directo na lareira de Chamuín.

Comezamos con Tuuli Jartti, alias Dule. Non podía haber mellor madriña.

 

Tuuli trouxo a Chamuín a súa maxia este outono, nunha visita desde terras finesas. Vela e escoitala en directo é sempre unha marabilla, e tela gravado na nosa casa fainos moita ilusión. É unha das nosas artistas e amigas favoritas.

O primeiro disco de Dule, Corners of Existence, pódese escoitar no YouTube ou Spotify. Xa está traballando no segundo, que incluirá algúns dos temas que tocou nestes Repinaldos. Agardamos ansiosos por el.

 

Dule na lareira de Fununcan

Deixa un comentario

  • (non se publicará)
Créditos