Aquí podes escoitar e descargar toda a música de Fununcan:
O EQUILIBRIO PERDIDO
DESCARGAR O EQUILIBRIO PERDIDO (.zip mp3 92mb)
Nove temas novos gravados en 2025. Coa colaboración de Álex da Carreira, Spinetta, Alberto Montero e Macedonio Fernández.
LETRAS 2025
UN CAN
DESCARGAR UN CAN (.zip mp3 129mb)
Todas estas cancións foron argalladas ao longo da vida dese can da foto, o noso querido Henry(2008-2023), ao que lle debemos un lote de cousas; unha delas era unha portada, así que aí vai o noso primeiro recopilatorio a modo de “pequenos fracasos”. Gravado na lareira de Chamuín ao longo de 2024
LETRAS 2024
LETRAS 2023
LETRAS 2022
Con Que vaia ben, señor Lanegan quixemos despedirnos dun dos nosos vocalistas e compositores favoritos, Mark Lanegan, falecido en febreiro de 2022. Traducimos e versionamos sete temas que el cantou ou versionou nalgún momento da súa prolífica carreira. Axudáronnos Iván Guanchankein (guitarras en One way street) e Debo (voz en We die and see beauty reign).
Long gone day
One way street
Resurrection song
One hundred days
We die and see beauty reign
Flatlands
Nocturne
Descarga .zip
AMIGHA
DESCARGAR AMIGHA (.zip mp3 101mb)
Gravado na lareira de Chamuín en 2021. Publicado en xaneiro de 2022. Álex da Carreira colaborou cantando en ‘As árbores cantan, as mortas tamén’. Fiódor Dostoievski achegou a letra de ‘Fiódor’.
LETRAS 2021
Hezar Pareh
LETRAS 2020
Ag
LETRAS 2019
Viajeros
LETRAS 2018
Adaptación ao galego do tema tradicional armenio Hov Arek (Հով արէք). Canción recollida e divulgada polo musicólogo Komitas Vardapet (1869-1935)
Hov arek
LETRAS 2017
Que vaia ben, señor Cohen é a nosa despedida do artista canadiense, finado en 2016. Versionamos sete cancións de Leonard Cohen traducíndoas ao galego, e de paso homenaxeamos tamén o Omega de Enrique Morente e Lagartija Nick (inclúe a versión do Manhattan no que nos inspiramos), a Federico García Lorca (autor do texto orixinal de Take this waltz), a Anna Marly e Emmanuel d’Astier de La Vigerie (creadores da Complainte du Partisan orixinal), ao aleluieiro Jeff Buckley…
Colaboracións: Iván Guanchankein (guitarra en The Partisan e guitarra e voz en Leaving the table), Debo (voz e coros en Take this waltz, Suzanne, So long Marianne e First we take Manhattan), Catia (coros en So long Marianne e First we take Manhattan), Silvis Perennis (trompa en Leaving the table) e Alfredo, Jose, Puscas e Fran (guitarras, ukelele e voz -Puscas- en So long Marianne).
So long, Marianne
Suzanne
Take this waltz
Leaving the table
First we take Manhattan
The partisan
Hallelujah
Descarga .zip
FUNUNCAN 2016
DESCARGAR FUNUNCAN 2016 (.zip mp3 110mb)
Colaboracións: Silvis Perennis (trompeta en ‘Quen, onde, de quen?’), Iván Guanchankein (guitarra en ‘Veñan señores e escoiten’) e o Coro de Paxaros Chamuinitas (voces en ‘Sombra de abeneiro’). Todas as cancións son de FUNUNCAN agás ‘Veñan señores e escoiten’, unha adaptación dun cantar de cego. Agradecementos: José Iglesias Fernández, por achegarnos á cega de Aciveiro; Jaime Álvarez Zapata, polas súas ideas en ‘O mellor que vin’. Este disco non sería posible sen o mecenado material e intelectual de Álex da Carreira. Gravado na lareira de Chamuín entre finais de 2016 e comezos de 2017.
LETRAS 2016
Dous temas altaicos versionados e traducidos ao galego: ‘Toroi Bandi’, de Khusugtun e ‘Orphan’s lament’, de Huun Huur Tu. Publicados o día das letras galegas de 2016. Na gravación de ‘Toroi Bandi’ colaboraron Juan do Loureiro (djembé) e Debo (pandeireta).
FUNUNCAN 2015
DESCARGAR FUNUNCAN 2015 (.zip mp3 88mb)
Gravado na lareira de Chamuín en 2015. COLABORACIÓNS: Iván Guanchankei (guitarra en ‘Algo vai medrar’) e Debo (pandeireta en ‘Somentes os cans’).
Foto da portada: Extraída do filme ‘Fétiche Mascotte’, de Vladislav Starevich, 1934
LETRAS 2015
Sete temas da banda The Pogues versionados e traducidos ao galego. Publicados o día das letras galegas de 2015. Colaboraron nas gravacións Puscas (guitarra en Dirty old town e I’m a man…), Alfredo (guitarra en Dirty old town e voz en I’m a man…), Miguel de Bordel (voz en Dirty old town e coros en Summer in Siam), Iván Guanchankei (guitarra en Dirty old town, acordeón en Tombstone e I’m a man… e coros en Summer in Siam), Debo (tamboril e coros en I’m a man… e voces en Summer in Siam), Dani de Ans (whistle en Tombstone), Iria de Cornide (pandeireta en Haunting) e Marcos (whistle en Dirty old town).
Haunting
Tombstone
Lorelei
Young Ned of the hill
Dirty old town
Summer in Siam
I’m a man you don’t meet every day
Descarga .zip
FUNUNCAN 2014
DESCARGAR FUNUNCAN 2014 (.zip mp3 91mb)
Gravado na lareira de Chamuín en 2014. XAN: voces, guitarra, batería, trompeta, teclado, baixo, xilófono | PI: voces, guitarra, batería, trompeta | COLABORACIÓNS: Iván Guanchankei (guitarra en ‘Agora aquí!’) e Miguel de Bordel (voces en ‘Monstros’).
Foto da portada: Victor Prout?, 1860
LETRAS 2014
Tres temas fineses versionados e traducidos ao galego. Publicados o día das letras galegas de 2014. Coa colaboración de Álex Charlón (voz en Rakkaudesta), Iván Guanchankein (guitarra en Rakkaudesta), Miguel de Bordel (voces en Rakkaudesta e Kapytemppeli), Débora (pandeireta en Tina Vieri), David Paz (saxo e whistle) e Tuuli Jarti e Jouni Haapakoski (tradución).
Kapytemppeli
Tuomas Henrikin Jeesuksen Kristuksen Bändi
Tina Vieri
Hedningarna
Rakkaudesta
Sielun Veljet
FUNUNCAN 2013
DESCARGAR FUNUNCAN 2013 (.zip mp3 85mb)
Gravado na lareira de Chamuín en 2013. PI: voces, baixo, batería, teclados, trompeta | XAN: voces, guitarra, trombón, xilófono | COLABORACIÓNS: Álex da carreira (voces en “Flores na cabeza”) e Debo e Miguel de Bordel (voces en “A noite máis clara”). “A noite máis clara” está inspirada no romance “Veñan señores e escoiten”, da Cega de Aciveiro, e recollido por José Iglesias Fernández
LETRAS 2013
Versión do ‘Everybody knows’ de Leonard Cohen traducida ao galego. Publicada o día das letras galegas de 2013
FINNISHTERRAE
DESCARGAR FINNISHTERRAE (.zip mp3 36mb)
Gravado en directo na lareira de Chamuín entre setembro de 2012 e xaneiro de 2013
TUULI: sinte, violín e voz | JOUNI: batería e caixa de ritmos | XAN: voz e guitarra | PI: baixo. Foto de Jouni Haapakoski
FUNUNCAN 2012
DESCARGAR FUNUNCAN 2012 (.zip mp3 36mb)
Gravado na lareira de Chamuín en 2012
XAN: voz, guitarra, batería, teclado, xilófono | PI: baixo, teclado, percusión
FUNUNCAN 2011
DESCARGAR FUNUNCAN 2011 (.zip mp3 mb)
Gravado na lareira de Chamuín en 2011
XAN: voz, guitarra e batería | PI: baixo | DANI: wisgot en ‘Búscase un ourizo’
FUNUNCAN 2010

Gravado na lareira de Chamuín en 2010
XAN: voz, guitarra e batería | PI: baixo | IVÁN: guitarra en ‘Toleou’ | CABANAS: letra de ‘Small blind’





















