Algunhas das cancións que tocamos no III festival Mil e Pico Troulas, en Carral, o 14 de xuño de 2104. Os temas incluídos no vídeo son É ou non é poder, Gárdallas ben, Flores, Grata compaña e Odio e fe.
Este ano repetimos no Festival Mil e Pico Troulas de Carral, volveremos tocar alí o próximo 13 de xuño. A partir das 20:00 no campo da feira de Carral, xunta Bento Veloso y Los Doce Trinches, Los Solfabirras, Los Rompecabezas, The Fulans e Skarallaos.
En maio a revista de música finesa Soundi publicou na súa edición online un artigo sobre os temas que traducimos do finés ao galego para celebrar o día das letras galegas.
Tamén falaron de Fununcan en Under Rant Casey Influence, un blog persoal moi interesante con recomendacións artísticas diarias, entre elas a do disco Fununcan 2013: “… un traballo en galego de rock-folklore-metalizado tocado moi jazz e coa experimentación sempre por diante.” :) O artigo completo, aquí.
En Fununcan volvemos celebrar o día das letras galegas versionando temas e traducíndoos ao galego, desta volta son tres cancións de grupos fineses ou escritas en finés: Kapytemppeli, da banda de Oulu (Finlandia) Tuomas Henrikin Jeesuksen Kristuksen Bändi; Tina Vieri, un tema tradicional da Carelia gravado polo conxunto sueco Hedningarna e Rakkaudesta, do grupo finés Sielun Veljet.
Coa colaboración de Álex Charlón (voz en Rakkaudesta), Iván Guanchankein (guitarra en Rakkaudesta), Miguel de Bordel (voces en Rakkaudesta e Kapytemppeli), Débora (pandeireta en Tina Vieri), David Paz (saxo e whistle) e Tuuli Jartti e Jouni Haapakoski (tradución).
Kapytemppeli (Tuomas Henrikin Jeesuksen Kristuksen Bändi)
Tina Vieri (Hedningarna).
Rakkaudesta (Sielun Veljet).
Os tres temas están colgados en YouTube e pódense descargar desde a sección ‘música’.
Hoxe publicamos un novo disco con nove temas. Xa se pode descargar desde aquí ou desde o Bandcamp.
Videoclip do tema Flores, incluído no disco Fununcan 2013. Imaxes gravadas en Limiñón en xaneiro de 2013.
Montaxe para o tema Manifesto, incluído no disco Fununcan 2012. Imaxes gravadas na lareira en febreiro de 2013.
Videoclip do tema Implosión, montado con fragmentos da película The Plow That Broke The Plains (1936) e outros vídeos tirados de archive.org
A sombra, A fraga e Odio e fe en directo no Festival Mil e Pico Troulas de Carral, 15 de xuño
Implosión en directo no Festival Mil e Pico Troulas de Carral, 15 de xuño
O sábado 15 de xuño tocaremos na segunda edición do festival Mil e Pico Troulas que organiza a Asociación Xuvenil Mil e Pico de Carral, xunto cos grupos Mil e Pico Guitarras, JoanDoMe, Némese, Solos, Leroy y Los Masoquistas, Álvaro Muras e Os do Xalo.