Estes días andivemos retellando nun novo vídeo dunha das nosas cancións, que xa facía que non nos daba por estas cousas. Está feito con un lote de retais que nos foran quedando doutras ideas aos que lle sumamos algunha imaxe nova, e veña a poñer capas unha enriba doutra :)

que_vaia_ben_sr_cohen2

Este ano celebramos o día das letras galegas cunha despedida: Que vaia ben, señor Cohen é a nosa humilde homenaxe ao artista canadiense, finado en 2016 e sempre presente no espírito musical fununcaniano. Coa axuda de varios amigos colaboradores, versionamos e traducimos ao galego sete cancións de Leonard Cohen, algunhas delas previamente adaptadas por el de poemas e cancións doutros autores, e outras versionadas despois por artistas dos que tamén gustamos moito.

So long, Marianne

Publicada en 1967 no disco Songs of Leonard Cohen
Colaboracións: Puscas (voz e ukelele), Jose (guitarra española), Fran (guitarra acústica), Alfredo (guitarra eléctrica), Debo (coros) e Catia (coros).
Youtube | Descargar

Suzanne

Tema orixinal de Cohen, publicado primeiro como poema no seu libro Parasites of Heaven (1966) e, un ano despois, como canción no seu primeiro disco, Songs of Leonard Cohen.
Colaboracións: Debo (voz)
Youtube | Descargar

Take this waltz

O texto orixinal desta canción é o poema Pequeño vals vienés, de Federico García Lorca. Cohen musicouno e traduciuno ao inglés en 1986 para o disco homenaxe ao de Granada, Poet in New York.
Colaboracións: Debo (voz)
Youtube | Descargar

Leaving the table

Incluída no último disco de Cohen, publicado unhas semanas antes de morrer, You want it darker.
Colaboracións: Iván Guanchankein (voz e guitarra) e Silvis Perennis (trompa).
Youtube | Descargar

First we take Manhattan

Inspirada na versión de Enrique Morente e Lagartija Nick para o disco Omega, de 1996.
Colaboracións: Debo e Catia (coros).
Youtube | Descargar

The partisan

A canción de Cohen The Partisan, publicada no Songs from a room en 1969, é unha adaptación do poema La complainte du Partisan, escrito durante a Segunda Guerra Mundial polo partisano francés Emmanuel d’Astier de La Vigerie e musicado pola artista ruso-francesa Anna Marly. Unha peza moi popular na época e ligada desde entón á loita da resistencia francesa.
Colaboracións: Iván Guanchankein (guitarra).
Youtube | Descargar

Hallelujah

Cohen publicou o seu Hallelujah en 1984, no disco Various Positions. A versión que fixo Jeff Buckley dez anos despois inspirou a nosa achega, se se pode dicir algo así ;)
Youtube | Descargar

Pódense descargar todas as cancións nun só arquivo neste enlace ou na sección Música. Para acompañar os temas e incluír as letras, tamén gravamos uns vídeos pola volta de Limiñón, en YouTube quedan.

Fununcan - Letras 2016

 

Este ano para celebrar o día das letras galegas miramos a Asia Central. A estepa mongola, os montes Altai e o río Yeniséi inspiráronnos para versionar e traducir ao galego unha canción tradicional de Mongolia e outra de Tuva.

 

Toroi Bandi’ (Тоорой Банди) é un tema do grupo mongol Khusugtun. Fala dun bandido moi popular en Mongolia que roubaba aos chineses a finais do século XIX. Na gravación colaboraron Juan do Loureiro tocando o djembé e Debo coa pandeireta. Para o vídeo empregamos imaxes do filme ‘Storm over Asia’ (Потомок Чингисхана), de Vsevolod Pudovkin, gravado en Mongolia en 1928. A canción orixinal de Khusugtun, neste enlace: https://www.youtube.com/watch?v=rl0HiFmts-4

 

Orphan’s lament’ é do grupo tuvano Huun Huur Tu. O vídeo está montado con ilustracións do libro ‘Crow Boy’, publicado polo xaponés Taro Yashima en 1968. O tema orixinal e interpretado en directo por Huun Huur Tu: https://www.youtube.com/watch?v=QbdkJ6cL4Aw
Na portada incluímos a silueta dun morin khuur, un instrumento tradicional de Asia Central que soa nas dúas cancións orixinais. O morin khuur é unha especie de violín de dúas cordas: unha feita con pelos de cabalo e outra, con pelos de egua, e leva tallado unha cabeza de cabalo no mástil.

fununcan-garaxe-11

Foto de Edu Longueira

O pásado sábado 2 de abril tocamos no pub O Garaxe, en Carral. Gran noite, gran público… ambientazo :) Aí van uns vídeos e fotos da velada:

 


As fotos son de Rober, grazas para el e para Vane por facernos pasar unha noite tan guai.

DiscografíaDesde hoxe pódense mercar, a través da web ou do Bandcamp, os discos en CD e sobre de cartón, cun libreto coas letras incluídas. Cada disco vale 5 euros e a discografía completa (versións incluídas) custa 20 euros, con chapas e pegatas de regalo. 5 ouros polo envío. Todo deseñado por nós e editado á man.

Tamén están á venda no Bar O Hórreo (Viño con Mel), en Carral.

 

O sábado 2 de abril tocaremos no Garaxe, en Carral. Contra a medianoite, despois do fútbol (Celta-Dépor)
Cartelcorvosgaraxe1

Outra maqueta con nove temas novos, gravados ao longo do pasado ano na lareira de Chamuín. Xa se pode descargar no Bandcamp de Fununcan ou desde a sección Música da web.

 

Créditos