Hai uns días publicamos na canle de Fununcan en YouTube un videoclip do tema ‘Non son quen’, tamén coñecido como ‘A Nogueira’, incluído na maqueta Fununcan 2011. O vídeo levaba un par de anos gravado e editado, mais non o publicamos até agora.
Ademais, o 23 de agosto tocamos no XIV Fornos Rock (Oleiros) un festival privado que organiza Rubén, ao que lle estamos moi agradecidos polo convite. Canda Fununcan tamén tocaron Black Age e Now I am. Foi unha noite marabillosa.
