Este ano 2021 polo día das letras atrevímonos cunha canción persa para traela ao galego: Hezar Pareh, de Mehdi Aminian, o músico iraní que lidera o proxecto Roots Revival.
Se non nos enganamos coas traducións cruzadas, o tema de Mehdi Aminian está inspirado nunha melodía popular iraní coñecida como Chahar Pareh ( چهار پاره ) ou Chahar Bagh ( چهار باغ ), con letra de Hatef Esfahani, un poeta sufí do século XVIII. O tema orixinal (está colgado no YouTube, na versión do disco Quieter than silence ou en directo) soa con instrumentos tradicionais iranís: o tar (un cordófono desas latitudes), o laúd, o nei (unha frauta que se sopra incrustando o dente) e percusión. Nós fixemos o que puidemos coas guitarras eléctricas, a batería, o teclado… e o 7/8.
Axudounos Iván Guanchankein con algún guitarreo. No vídeo, un solpor de nadal do noso querido Chamuín.