Como todos os anos, celebramos o día das letras traducindo e adaptando algún temiña ao galego. Desta vez démoslle unha volta a unha canción tradicional armenia, Hov Arek (Հով արէք). Chegamos a esta peza da man de Komitas Vardapet, un músico e investigador armenio que viviu entre finais do século XIX e principios do XX e que se dedicou a recoller, documentar e divulgar a música da súa terra. A música de Komitas é unha marabilla, as melodías e harmonías van por camiños sorprendentes pero non tan lonxanos dos nosos ao final. E neste Hov Arek (‘vén, dáme alento’) ademais a letra é 100% fununcánida :)

No vídeo que acompaña a canción vese o monte Ararat. Aquí pódese ao propio Komitas cantando o Hov Arek nunha gravación de 1912.

 

Deixa un comentario

  • (non se publicará)
Créditos