En maio a revista de música finesa Soundi publicou na súa edición online un artigo sobre os temas que traducimos do finés ao galego para celebrar o día das letras galegas.

Tamén falaron de Fununcan en Under Rant Casey Influence, un blog persoal moi interesante con recomendacións artísticas diarias, entre elas a do disco Fununcan 2013: “… un traballo en galego de rock-folklore-metalizado tocado moi jazz e coa experimentación sempre por diante.” :) O artigo completo, aquí.
