fununcan-letras2014En Fununcan volvemos celebrar o día das letras galegas versionando temas e traducíndoos ao galego, desta volta son tres cancións de grupos fineses ou escritas en finés: Kapytemppeli, da banda de Oulu (Finlandia) Tuomas Henrikin Jeesuksen Kristuksen Bändi; Tina Vieri, un tema tradicional da Carelia gravado polo conxunto sueco Hedningarna e Rakkaudesta, do grupo finés Sielun Veljet.

Coa colaboración de Álex Charlón (voz en Rakkaudesta), Iván Guanchankein (guitarra en Rakkaudesta), Miguel de Bordel (voces en Rakkaudesta e Kapytemppeli), Débora (pandeireta en Tina Vieri), David Paz (saxo e whistle) e Tuuli Jartti e Jouni Haapakoski (tradución).

Kapytemppeli (Tuomas Henrikin Jeesuksen Kristuksen Bändi)

Tina Vieri (Hedningarna).

Rakkaudesta (Sielun Veljet).

Os tres temas están colgados en YouTube e pódense descargar desde a sección ‘música’.

Deixa un comentario

  • (non se publicará)
Créditos