Para celebrar as Letras deste ano, versionamos e traducimos ao galego sete temas da banda The Pogues: Haunting, Tombstone, Lorelei, Young Ned of the hill, Dirty old town, Summer in Siam e I’m a man you don’t meet every day. Colaboraron nas gravacións Puscas (guitarra en Dirty old town e I’m a man…), Alfredo (guitarra en Dirty old town e voz en I’m a man…), Miguel de Bordel (voz en Dirty old town e coros en Summer in Siam), Iván Guanchankei (guitarra en Dirty old town, acordeón en Tombstone e I’m a man… e coros en Summer in Siam), Debo (tamboril e coros en I’m a man… e voces en Summer in Siam), Dani de Ans (whistle en Tombstone), Iria de Cornide (pandeireta en Haunting) e Marcos (whistle en Dirty old town). As cancións pódense descargar individualmente ou todas xuntas nun arquivo .zip (18 MB) premendo neste enlace. Ademais, na canle de Fununcan en YouTube tamén se poden ver vídeos das cancións coas letras incluídas.

Haunting

[audio:https://www.fununcan.com/wordpress/wp-content/uploads/2015/05/Haunting.mp3]

Youtube | Descargar

Tombstone

[audio:https://www.fununcan.com/wordpress/wp-content/uploads/2015/05/Tombstone.mp3]

Youtube | Descargar

Lorelei

[audio:https://www.fununcan.com/wordpress/wp-content/uploads/2015/05/Lorelei.mp3]

Youtube | Descargar

Young Ned of the hill

[audio:https://www.fununcan.com/wordpress/wp-content/uploads/2015/05/Young-Ned-of-the-hill.mp3]

Youtube | Descargar

Dirty old town

[audio:https://www.fununcan.com/wordpress/wp-content/uploads/2015/05/Dirty-Old-Town.mp3]

Youtube | Descargar

Summer in Siam

[audio:https://www.fununcan.com/wordpress/wp-content/uploads/2015/05/Summer-in-Siam.mp3]

Youtube | Descargar

I’m a man you don’t meet every day

[audio:https://www.fununcan.com/wordpress/wp-content/uploads/2015/05/Im-a-man-you-dont-meet-every-day.mp3]

Youtube | Descargar

Vimos de publicar en YouTube un vídeo novo: ‘O caos ha volver’, gravado no río e no faiado con Django e Henri nos papeis principais.

Como todos os anos en xaneiro, hoxe publicamos unha nova maqueta (e xa van cinco): Fununcan 2014 son nove temas gravados durante o pasado ano na lareira de Chamuín. O disco xa se pode descargar de balde no Bandcamp de Fununcan ou desde a sección Música da web.

 

Para unha das cancións incluídas no disco, ‘Thylacinus’, tamén fixemos un vídeo:

Hai uns días publicamos na canle de Fununcan en YouTube un videoclip do tema ‘Non son quen’, tamén coñecido como ‘A Nogueira’, incluído na maqueta Fununcan 2011. O vídeo levaba un par de anos gravado e editado, mais non o publicamos até agora.

Ademais, o 23 de agosto tocamos no XIV Fornos Rock (Oleiros) un festival privado que organiza Rubén, ao que lle estamos moi agradecidos polo convite. Canda Fununcan tamén tocaron Black Age e Now I am. Foi unha noite marabillosa.
fornos-rock1

fornos-rock2

Este ano repetimos no Festival Mil e Pico Troulas de Carral, volveremos tocar alí o próximo 13 de xuño. A partir das 20:00 no campo da feira de Carral, xunta Bento Veloso y Los Doce Trinches, Los Solfabirras, Los Rompecabezas, The Fulans e Skarallaos.

milepicotroulas

En maio a revista de música finesa Soundi publicou na súa edición online un artigo sobre os temas que traducimos do finés ao galego para celebrar o día das letras galegas.

Soundi

 

Tamén falaron de Fununcan en Under Rant Casey Influence, un blog persoal moi interesante con recomendacións artísticas diarias, entre elas a do disco Fununcan 2013: “… un traballo en galego de rock-folklore-metalizado tocado moi jazz e coa experimentación sempre por diante.” :) O artigo completo, aquí.

UnderRantCaseyInfluence

fununcan-letras2014En Fununcan volvemos celebrar o día das letras galegas versionando temas e traducíndoos ao galego, desta volta son tres cancións de grupos fineses ou escritas en finés: Kapytemppeli, da banda de Oulu (Finlandia) Tuomas Henrikin Jeesuksen Kristuksen Bändi; Tina Vieri, un tema tradicional da Carelia gravado polo conxunto sueco Hedningarna e Rakkaudesta, do grupo finés Sielun Veljet.

Coa colaboración de Álex Charlón (voz en Rakkaudesta), Iván Guanchankein (guitarra en Rakkaudesta), Miguel de Bordel (voces en Rakkaudesta e Kapytemppeli), Débora (pandeireta en Tina Vieri), David Paz (saxo e whistle) e Tuuli Jartti e Jouni Haapakoski (tradución).

Kapytemppeli (Tuomas Henrikin Jeesuksen Kristuksen Bändi)

Tina Vieri (Hedningarna).

Rakkaudesta (Sielun Veljet).

Os tres temas están colgados en YouTube e pódense descargar desde a sección ‘música’.

Hoxe publicamos un novo disco con nove temas. Xa se pode descargar desde aquí ou desde o Bandcamp.

Créditos